Grial 169

Os recursos non son eternos.

O debate está en como facer compatibles o crecemento económico, baseado na produción industrial e na explotación dos recursos (tamén dos naturais) e o sostemento deses mesmos recursos, e decir a súa conservación e durabilidade.

O concepto "crecemento sustentable", que inspira este número 169 da Revista GRIAL coordinado por Uxío Labarta, configúrase coma un dos grandes desafíos do noso tempo: os recursos naturais non son inagotables, nin se reproducen espontanemente; caducan, estiñan e son limitados.

Unha cuestión que, dende GRIAL consideremos de vital importancia, e que, dende ámbitos diversos, ven sensibilizando cada vez máis ámbitos de opinión pública, por eso interrogamos ao mundo da ciencia e da tecnoloxía, a planificación económica e a ecoloxía.
As revolucións indutriais do carbón primeiro e do petróleo despois, coas súas respectivas proxeccións de modelos económicos e políticos, configuráronse sobre a explotacións deses recursos naturais, senón ata esgotalos, si estreitando cada vez máis a marxe de actuación e de solución posibles, fonte de desigualdades e conflitos, algúns deles extraordianriamente próximos.

A solución da enerxía atómica, que nalgún momento xurdiu como unha alternativa a escaseza deses recursos naturais, produciu durante décadas reaccións cívicas de protesta que mesmo paralizaron o seu desenvolvemento e estudo. Nalgúns casos xa se fala de volver a abrir o debate.

A chamada sociedade posindustrial ou das novas tecnoloxías e do coñecemento, reabriu a discusión e un certo horizonte de esperanza, máis teórico que real, arredor da posibilidade de concibir un desenvolvemento posible respectando o medio e os recursos do mesmo.
¿Con qué modelos estamos a traballar, se é que o estamos a facer con algún?¿Qué deseño de futuro temos para o noso país tendo en conta o benestar social e o desenvolvemento?. Dende Galicia compre tamén esta reflexión.

Progreso social, crecemento económico, equilibrio ecolóxico, beneficio industrial, respecto polo contorno natural, aproveitamento de recursos, calidade de vida…, son cuestións que de cando en vez veñen ao primeiro plano da actualidade e diante das cales compre situarse, sempre dende a reflexión e a información. Un debate que atinxe a todos os cidadáns. Contrubuir e participar no debate é unha obriga prioritaria dos espazos da expresión da cultura, canto menos tal como en GRIAL o entendemos.

Dúas achégas de grande interése neste número 169 da revista: un adianto da correspondencia que Otero Pedrayo mantivo durande máis de cincuenta anos coa súa nai, Eladia Ramona Pedrayo, e a segunda das achegas: a lembranza que María Esther Vázquez fai da visita que no ano 1964 Borges e máis ela fixeron a Ramón Piñeiro en Compostela.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 140
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 18,5 x 27 cm
  • Data Publicación : 2006-04-24
  • Colección : Grial
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN :
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR