n167

12,00€

mercar

Grial 167

Grial. Revista galega de cultura nace e pervive como unha canle para a produción cultural galega e como unha testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.
Este número pertence á terceira etapa da revista Grial dirixida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo .

Da literatura nacional á literatura mundial

A literatura é un xeito de representación simbólica do mundo que constrúe a colectividade. De todas as formas de expresión e de representación, compartidas e interiorizadas polo grupo humano a literatura é, sen dúbida, unha das de máis forte contido simbólico e, por tanto, máis rexamente afincada na identidade, tanto do individuo coma do colectivo.
É tamén un discurso no tempo, elaborado e compartido pola comunidade que se recoñece nel e que o transmite a través da palabra e do texto, da lectura e do código que é a lingua.

Velaquí un debate que cadra, na nosa opinión, co máis vivo dos tempos: ¿existe unha literatura mundial?, ¿existe un espazo mundial para a literatura, ou para certas formas de literatura, compatible con outros espazos posibles? ¿Ulo? ¿Con que discurso común? ¿Con que referentes? ¿En que lingua? Nas páxinas que ofrecemos neste número de GRIAL, coordinadas por Carlos Lema GRIAL tenta unha vez máis discutir e abrir fiestras para a reflexión e o debate, neste caso arredor da literatura como construtora de espazos simbólicos, ámbitos e territorios de identidade colectiva.
¿Falamos dunha identidade ou de varias? ¿Son espazos compatibles? ¿Podemos imaxinar un único espazo global para o discurso literario, no que conflúan lectores, creadores e intermediarios? ¿Cal é o papel do creador fronte a ese posible gran territorio de referencias? ¿E a súa relación coa grande máquina da produción e o comercio?

A literatura é un produto histórico, expresión dunha necesidade humana e social, enxergado nun tempo e nun contexto, nunha realidade simbólica na que os individuos se recoñecen e que intentan transmitir á súa vez a outros individuos para que a continúen: reprodución social, transmisión da identidade común, continuidade cultural
dos valores e das formas etc.

¿Que presenza ten Galicia e a literatura galega nesta realidade? ¿Como
proxectar cara a outros públicos o discurso da nosa literatura? ¿Que
dificultades ten Otero Pedrayo ou Rosalía de Castro fóra do espazo
específico cultural galego? ¿Que se le exactamente cando se le en Nova York ou en Milán unha novela de Manuel Rivas, por exemplo ou cando se le a Chus Pato? ¿Pode aspirar Galicia a participar nesa "literatura mundializada"?
E virando a reflexión cara a dentro: ¿non son Dante, Homero ou Shakespeare tamén galegos, partes constitutivas dun universo identitario común construído a través do tempo e inzado de vizosas interferencias? ¿Como é ese universo? ¿Que papel teñen os clásicos? …

Pascale Casanova, investigadora no CNRS de París e profesora da Universidade
de Xenebra; Armando Gnisci, da Universidade de Roma, Ana Luna Alonso,
profesora da Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de
Vigo, Eva Almazán, tradutora, e Xavier Queipo, escritor e tradutor, ). Chus
Pato, poeta das novas xeracións, cunha expresión madura e traducida a outros
idiomas, reflexiona con Carlos Lema sobre algunhas destas cuestións.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 144
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 17 x 22 cm.
  • Data Publicación : 2005-10-21
  • Colección : Grial
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN :
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR