Estás aquí:

Código: 1268

Grial 165

12,00  IVE INCLUIDO
Grial. Revista galega de cultura nace e pervive como unha canle para a produción cultural galega e como unha testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.
Este número pertence á terceira etapa da revista Grial dirixida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo .
Sobre identidade, autores e literatura. Un debate, unha reflexión sobre a función e a significación do autor no proceso creativo.
A ciencia da literatura. Arturo Casas, profesor de Teoría Literaria da Universidade de Santiago, coordina esta nova entrega de GRIAL: "Autor, autoridade, identidade(s)", unha reflexión crítica do fenómeno literario dende a perspectiva do autor, no que participan diversas voces, todas elas cualificadas: Beatriz Suárez Briones, da Universidade de Vigo; Walter D. Mignolo, catedrático de Estudos Latinoamericanos na Duke University (Carolina do Norte, USA); Susana Pajares Tosca, da Universidade Complutense; Burghard Baltrusch, profesor de Literatura Portuguesa da Universidade de Vigo; Vítor Vaqueiro, escritor e profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e Helena Buesco, da Universidade de Lisboa. Unha ollada aberta, esixente e crítica sobre a significación do autor/narrador no proceso literario e, en xeral, sobre as claves ocultas da literatura.
Xosé Manuel Núñez Seixas e Dolores Vilavedra conversan con Anne-Marie Thiesse, directora de investigación no Centre National de Recherche Sciéntifique e da École de Hautes Études de París sobre a construción de Europa, continuando a liña apuntada en anteriores números da nosa revista sobre a identidade europea ollada dende a perspectiva das culturas sen estado e das identidades nacionais non sempre recoñecidas.
Sobre a globalización, fenómeno aberto e sempre interesante, Carlos Fernández e Aurelio Miras Portugal apuntan distintos puntos de vista. E Xan Bouzada, sociólogo, propón unha reflexión sobre os valores da lingua galega no proceso das transformacións sociais que nos últimos decenios está a vivir a nosa sociedade. Son os Temas do Noso Tempo.
GRIAL, coa colaboración da Fundación Caixa Galicia, continúa a sua andaina na procura dun debate plural e aberto sobre a cultura, fiel ao espírito da revista, que chega así ao número 165. As seccións habituais de Rego da Cultura e Espello das Letras ofrecen un amplo abano de noticias e publicacións. Nicolás Xamardo González, dende a Universidade do País Vasco, invita a reflexionar sobre os procesos de comunicación e os seus mecanismos sociais, tecnolóxicos, políticos e culturais nas sociedades contemporáneas, e Xavier Queipo escribe esta vez a súa carta dende a cidade de Sidney.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 152
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 19 x 27 cm. mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

García-Sabell Tormo, Teresa
García-Sabell Tormo

(Santiago de Compostela, 1942). Licenciada en Filosofía y Letras por la Universidad Complutense de Madrid.
Doctora en Filología Francesa por la Universidad de Santiago de Compostela.
Profesora Titular de Filología Francesa en la Universidad de Santiago de Compostela.
Miembro de la Asociación de Profesores de Filología Francesa de la Universidad Española.
Actividad docente en Universidad extranjera: Profesora contratada durante el curso 90-91 como Maître de Conférences en la Universidad de Borgoña (Dijou) en Francia.
Fue directora del Colegio Mayor Rodríguez Cadarso, vicepresidenta de la Asociación de Profesores de Francés de Galicia, directora del Departamento de Filología Francesa e Italiana de la Universidad de Santiago y miembro del comité organizador del Congreso "Les chemins du texte" organizado por la Asociación de Profesores de Filología Francesa de la Universidad Española y la Universidad de Santiago

As súas obras

Grial 166
n166
12.00€ CON IVE