n164

12,00€

mercar

Grial 164

Grial. Revista galega de cultura nace e pervive como unha canle para a produción cultural galega e como unha testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.
Este número pertence á terceira etapa da revista Grial dirixida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo .

A España posible. Poucos temas tan abertos e de actualidade coma o abordado neste número: o posible reordenamento político do Estado. Baixo a coordinación do historiador Ramón Villares, Grial preparou un número no que se intenta reunir voces diversas arredor dunha cuestión aberta e intensa. O ano 2005 anuncia algunhas encrucilladas especialmente difíciles e, en calquera caso, de enorme trascendencia, diante das cales cómpre abrir debate e propiciar a reflexión: o referendo da Unión Europea, a reforma dos Estatutos de Autonomía, a posible reforma da Constitución de 1978… Desde Grial quérese contribuír a ese debate.

Neste número que leva o título de " A España posible", participan Ferrán Requejo, catedrático de Ciencia Política da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, Daniel Inneraty, catedrático de Filosofía da Universidade de Zaragoza, José Luís Meilán Gil, catedrático emérito da Universidade de A Coruña e Conselleiro de Estado, Carlos Aymerich, profesor de dereito político da Universidade de A Coruña e Pasqual Maragall, Presidente da Generalitat de Cataluña.

Incluímos tamén unha homenaxe a un dos nosos grandes poetas, recentemente desaparecido, Antonio Tovar, e traballos de Carlos Reigosa (sobre a significación do xornalismo), Mónica Rebolo (sobre as radios galegas en Cataluña), Danilo Zolo (sobre Afganistán), David Barro (sobre o futuro da plástica e a política cultural galega neste eido) e un ensaio de Ramón Lugrís sobre Europa e o galeguismo que, pola súa significación histórica e pola reflexión que propón, nos parece especialmente pertinente nestes momentos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 136
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 27 x 18,5 cm.
  • Data Publicación : 2004-12-30
  • Colección : Grial
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN :
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514435O caderno de RosalíaMaría Xesús Blanco
9788491514398VillardevósSilvio Santiago
grial-224Grial 224 VV.AA.
rimaletrasRimaletrasMar Guerra

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR