Grial 163

Grial. Revista galega de cultura nace e pervive como unha canle para a produción cultural galega e como unha testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.
Este número pertence á terceira etapa da revista Grial dirixida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo .

A guerra civil de 1936-1939 significou para España e para Galicia moito máis ca unha traxedia, significou a fenda que tronzou historicamente o seu acceso á modernidade… Non foron só os anos feroces da contenda, senón a represión e o profundo esvaciamento que se produce despois e que en moitos aspectos xa non se puido recuperar nin reconstruír nunca.

Milleiros de persoas marcharon para o exilio. Aínda hoxe non sabemos as cifras. O mellor da nosa mocidade, talentos na madureza creativa, líderes sociais e intelectuais de primeira liña forzados, de súpeto, a abandonar o seu país (e España) e procurar noutros horizontes, principalmente América, a súa supervivencia.

Coa guerra Galicia perdeu as súas institucións democráticas, o proxecto de futuro colectivo que nela se xestaba, aquel primeiro Estatuto de Autonomía, plebiscitado o 28 de xuño de 1936… Perdeu os seus homes de referencia, o seu pulo máis ilusionado, aquel "tempo de entusiasmo" do que falaba Dieste…

En setembro do ano 2001 o Consello da Cultura Galega convocou en Santiago de Compostela o Congreso Internacional do Exilio Galego. Investigadores e estudosos de distinta procedencia, todos relacionados coa cultura galega, reflexionan xuntos durante cinco días arredor dun feito histórico de enorme transcendencia.

Grial 163 reúne algunhas das máis valiosas contribucións a aqueles encontros en Compostela, neste caso cunha denominación común: as consecuencias que a traxedia civil e os anos de exilio tiveron para o pensamento e a cultura daquela Galicia tronzada. A represión nos claustros da Universidade, o castigo contra o Maxisterio, a marxinación interior de profesores e investigadores, o desterro dalgunhas das cabezas máis brillantes no eido da ciencia, o pensamento, as artes… son estudados, con documentado rigor, por cualificados
especialistas como Alfonso Mato, M. Bermejo, F. Díaz-Fierros, R. Gurriarán, Xosé Manuel Maceira, Víctor Fuentes, Rosa López González, Xosé Díaz, Xosé A. Coira, Miguel Anxo Fernández, etc.
Mención especial merecen os traballos de Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda (14 cartas inéditas de Manuel Azaña a Eduardo Blanco Amor) e de Xesús Alonso Montero, que achega nova documentación a ese capítulo pouco coñecido de defensa da lingua galega nos foros internacionais (Asemblea da UNESCO, Montevideo, 1954) que el denomina a "Batalla de Montevideo". O discurso da Historia é tamén o discurso da memoria. Por xustiza, por dignidade, porque as cousas non necesariamente foron como nolas contaron, contra o silencio e contra a desinformación, elaboramos esta nova entrega de Grial.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 148
  • Deseño :
  • Dimensións :
  • Data Publicación : 2004-07-01
  • Colección : Grial
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN :
  • Edición : 0

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR