globa

22,90€

mercar

Globalización e imperialismo cultural

VV.AA.

Libro colectivo no que participan algúns dos ensaístas de maior prestixio internacional verbo do fenómeno da globalización, que foi compilado, prologado e traducido polo escritor e poeta Manuel Outeiriño.

Nun mundo no que os medios de comunicación e o trafego cultural más celérico facilitan a posibilidade dunha "cultura global", dunha cultura tecnificada, mercantil e homoxénea, e dunha "industria cultural global" que se podería concibir -tal como escribe Manuel Outeiriño no limiar- como unha "nova tradición" mercantilizada, a do "folclore do capitalismo", é fundamental levar a cabo unha reflexión crítica sobre este fenómeno. Neste volume realízase esa crítica, que é a crítica do tópico do que se difunde co nome de globalización cultural, nome baixo o que, realmente, o que se difunde e imita é a cultura mercantil corporativa estadounidense e a produción e xestión cultural ao xeito corporativo das multinacionais.

Os autores

MARTIN ALBROW é profesor visitante distinguido na London School of Economics, profesor emérito da University of Wales e autor de The Global Age (1996).
ARJUN APPADURAI (Bombay, 1949) é profesor de Ciencias Sociais da New School de Nova York, da que é director dende o 2003, escribiu, entre outros, Modernity at large: cultural dimensions of globalization (2006).
ALEXANDER CALLINICOS (Zimbabwe, 1950) é director do Centro de Estudos Europeos do King´s College de Londres e autor de Contra o Postmodernismo (Laiovento, 1994).
FRED HALLIDAY (1946-2010) foi catedrático na London School of Economics e profesor no Instituto Barcelona de Estudos Internacionais e experto no mundo árabe e Oriente Medio.
ULF HANNERZ é profesor de antropoloxía social na Universidade de Estocolmo e autor de Foreign News (2004).
DAVID HELD (Inglaterra, 1951) é catedrático de Ciencias Políticas na London School of Economics, autor de Global Inequality: Patterns and Explanations (2007).
PETER MARCUSE é profesor emérito de Planificación Urbana na Facultade de Arquitectura da Columbia University de Nova York e autor da recompilación Globalizing Cities: A New Spatial Order? (Oxford, Balckwell, 1999) e Of States and Cities: The Partitioning of Urban Space (Oxford, Oxford U. P., 2002), feitas en colaboración con Ronald van Kempen. Tamén foi un dos recompiladores do volume Searching for the Just City (Londres, Routledge, 2009).
HERBERT IRVING SCHILLER (1919-2000), sociólogo, foi un dos principais críticos dos medios de comunicación estadounidenses. Doutorouse na Universidade de Nova York en 1960. Entre as súas moitas obras salientan Communication and Cultural Domination (1976) e Culture Inc.:The Corporate Takeover of Public Expression (1989).

MANUEL OUTEIRIÑO é poeta, ensaísta e tradutor. Actualmente é profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 312
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2011-09-27
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-251-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

a-tua-historiaA túa historiaKathryn StrobelVanesa Álvarez
a-revolucion-verticalA revolución verticalNgũgĩ wa Thiong’o
do-tempo-e-dos-astrosDo tempo e dos astrosAntonio Fraguas

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR