galicia

25,70€

mercar

Galicia, unha economía europea

Albino Prada Blanco

Santiago Lago Peñas

Despois de vinte anos de integración no espazo económico europeo, urxe un traballo de revisión de estratexias públicas e privadas para equiparar o tecido produtivo galego á media europea. Neste libro, concibido desde un punto de vista divulgativo, achéganse un feixe de propostas nese senso.

En Galicia, unha economía europea faise unha análise polo miúdo das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades da economía galega na actualidade, tras máis de vinte anos de integración no espazo económico europeo. Luces e sombras que amosan un tecido produtivo que se transformou radicalmente mais que aínda non abonda para achegar a Galicia ás medias española e europea en benestar socioeconómico.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 260
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm
  • Data Publicación : 2009-05-08
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-182-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

os-ollos-do-tangaleironOs ollos do TangaleirónXosé Antonio Neira Cruz
pantallasPantallasCelia Parra
iridiumIRIDIUMFrancisco Castro

albino

Prada Blanco, Albino
Profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. É membro do Consello Galego de Estatísitica e analista económico e columnista habitual de La Voz de Galicia. Ten publicado numerosos libros sobre diversos aspectos da economía de Galicia.

santiago

Lago Peñas, Santiago
Profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, actualmente imparte clases na Facultade de Empresariais de Ourense. É membro do Consello Económico e Social de Galicia e columnista habitual de temas de economía en El País.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR