Estás aquí:

Código: 2710

Materiais do libro

Galicia no labirinto da nova política

Galicia no labirinto da nova política, de nunca máis ás mareas

24,80  IVE INCLUIDO
Nos últimos anos obsérvase un cambio de paradigma na política global,
que, no caso do Estado español, adquiriu particularidades específicas, e onde Galicia actuou como epicentro. Neste libro, Xoán Hermida González analiza as organizacións que se orixinaron nas correntes altermundistas, colleron forza nos movementos Nunca Máis e 15M e materializáronse nas Mareas, que hoxe detentan o poder municipal en non poucos concellos de Galicia e xa son unha forza determinante no espazo sempre en movemento da esquerda en Galicia. Unha análise profunda sobre unhas plataformas que naceron para mudar o panorama político de xeito irreversible.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 328
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección: 89
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-185-4
Observacións:

AUTORES/AS

Hermida González, Xoán
xoan-hermina-gonzalez

Nado en Pontevedra en 1965, é activista social e analista sobre a realidade galega con varios artigos e obras publicadas. Tamén participa como docente e ponente de diferentes iniciativas (durante o período 2003-2008 colaborou co máster de Cooperación Internacional e Xestión de ONGs da Facultade de Ciencias Políticas e Administración Pública).

Licenciado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de compostela, nela realizou o máster de posgrao «Filosofía: cuestións actuais» no curso 2010-2011. É doutor polo Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC (2015) coa tese Movementos sociais e altermundismo en Galicia: De Nunca Máis a AGE (2002-2012).

Coordinou o Grupo Parlamentario Mixto no Parlamento de Galicia durante a V lexislatura. Entre 1999 e 2007 dirixiu a ONG Amarante, da que foi fundador, e desde 2015 dirixe o Foro de pensamento ecosocialista OBenComún. Actualmente está vinculado a Marea Pontevedra.

A súa web é www.xoanhermida.eu

As súas obras

Galicia no labirinto da nova política, de nunca máis ás mareas
galicia-no-labirinto-da-nova-politica
24.80€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A lume manso. Estudios sobre historia social da alimentación
lume manso
20.90€ CON IVE