Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista

Ramón Villares

Velaquí a construción dun pensamento

Tamén unha maneira de explicar ou intentar comprender o mundo. Cada xeración tende a construílo á súa maneira. O historiador Ramón Villares ingresou na Real Academia Galega (2006) cun discurso sobre a figura de Adrián Solovio, o protagonista de Arredor de si (1930), novela que se considera referencia histórica, símbolo e crónica do grupo xeracional ao que pertencen Castelao, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, o propio Otero Pedrayo, e que denominamos xeración Nós, profundamente europeísta e, ao mesmo tempo, configuradora do discurso da Galicia moderna, tanto cultural como politicamente. O presente ensaio fundaméntase no discurso de ingreso do académico mais con algunhas engádegas e observacións que o enriquecen. Ramón Villares esmiúza, documenta e contextualiza algunhas das claves do pensamento galeguita moderno, prestando especial atención á figura de Ramón Otero Pedrayo, co que dialoga a través das páxinas de Arredor de si.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 232
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 25/10/2018
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-203-5
  • Edición :
  • Nº na colección : 90
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

as-ramonasAs ramonasAna Cabaleiro
adios-maria-2018Adiós MaríaXohana Torres

Autor/a

ramon-villares-teresa-navarro

Villares, Ramón
Ramón Villares Paz (Xermade, 1951) é un dos historiadores galegos con maior prestixio e cunha obra de recoñecida solvencia na que destacan Foros, frades e fidalgos (1982), coa que obtivo o Premio da Crítica Galicia na modalidade de ensaio, Desamortización e réxime de propiedade (1994), Figuras da nación (1997), Fuga e retorno de Adrián Solovio (2006, 2007 e 2018) ou Identidade e afectos patrios (2017). Tamén cómpre salientar a súa faceta de divulgador da Historia de Galicia, singularmente cos seus libros A Historia (1984) e Historia de Galicia (2004, 2016), onde ofrece unha visión sintética das grandes etapas da historia galega e que tivo unha enorme repercusión entre os lectores do país. Foi presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018), decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e reitor magnífico da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994). Ademais dos xa citados, en 2005 foi galardoado co Premio Fernández Latorre e no 2018 co Premio da Cultura Galega de Proxección Exterior.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR