Fragmento / Creba

Abraham Pérez

Un poemario desbordante. Un debut magnífico.

Un poemario dun autor que, malia a súa xuventude, é quen de gravitar coa palabra no máis profundo da conceptualidade ontolóxica, esa en que hai que entrar para entender o mundo ou, cando menos, para significalo. A realidade non é uniforme. A existencia móstrasenos. E a través das súas fendas, o poeta penetra dende sílabas tamén feitas anacos. O poema é un mapa que encaixa na realidade coa mesma dificultade plástica coa que un cadro abstracto pinta a perfección dunha flor, dunha estrela, ou da melancolía.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 170
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 125 x 220
  • Data Publicación : 10/06/2020
  • Colección : Dombate
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-465-7
  • Edición :
  • Nº na colección : 90
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

Autor/a

abraham-perez-a-l-porto

Pérez, Abraham
(Lugo, 1990) é graduado e mestrado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela; ademais cursou estudos de guionista. É autor de dúas obras en castelán: o volume de relatos Esferas (2017) e o poemario Materiales básicos de la carencia (2018). Durante os últimos anos colaborou en radio e en prensa publicando artigos, relatos e poemas en revistas como Cuatro Ojos Magacín, Drugstore Magazine, Tr3sreinos ou Oculta Lit., entre outras.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR