foula

11,60€

mercar

Foulas

Manuel Antonio

Foulas, o poemario de Manoel Antonio nunca editado ata o de agora de forma independiente ve a luz na colección Dombate como obra autónoma con identidade de seu.

Manoel Antonio é o poeta galego da renovación, da modernidade e da vangarda. A súa obra está considerada un dos meirandes achados da poesía galega da primeira metade do século XX.
O autor deixou este libro entre os seus inéditos e, posteriormente, Domingo García-Sabell incluíuno na súa edición da obra do poeta rianxeiro, publicada no ano 72 tamen por Galaxia. A colección Dombate recupérao para non perder unha obra que considera fundamental para un mellor coñecemento da poesía galega, unha obra que inflúe nos poetas de hoxe e configura unha poesía en continuo proceso de renovación e arrequentamento.
A poesía de Manoel Antonio é coma unha fulguración, a loita do poeta cos límites da palabra. Foulas é un libro singular no que o autor comeza a experimentar coa disposición visual do texto en caligramas, no que xorde unha nova forma de concibir a paisaxe e que ofrece unha reelaboración orixinal da tradición popular.A obra de Manoel Antonio é unha das máis orixinais e anovadoras de toda a moderna tradición poética galega.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 72
  • Deseño : Encadernado en rústica
  • Dimensións : 13.5x20
  • Data Publicación : 2004-10-01
  • Colección : Dombate (Poesía)
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-727-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

carabelaCarabelaPaula Carballeira
prana-apanaPrana ApanaPatricia Rivas Gallego

pérez sánchez, amuel antonio

, Manuel Antonio
Manoel Antonio viviu os primeiros trinta anos do século XX e convertiuse no mellor expoñente das vangardas en Galicia. El asimilou os novos aires que chegaban de Europa e de Hispanoamérica, creando unha poesía á vez moderna e axeitada á realidade do país. Co manifesto "¡Máis alá!",asinado a medias con Álvaro Cebreiro, expuxo as súas intencións rupturistas. O libro De catro a catro é o cumio da súa obra poética.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR