Ao longo dunha vida adicada con entusiasmo ao traballo, Cuevillas realizou unha tarefa fundamental para a comprensión da alma da nosa terra.
Acometeu a empresa de catalogar os castros galegos, rastreou creencias e costumes populares e seguiu as pegadas das relixións e ritos primitivos. Pero Cuevillas fixo tamén un abondoso labor de ensaio e prosa literaria que, en boa parte, se recolle no presente volume.
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.