Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda. Antoloxía poética

Fiz Vergara Vilariño

Velaquí un traballo necesario que estabamos a agardar dende hai tempo e que nos ofrece, da man de Yago Rodríguez Yáñez, a escolma poética definitiva de Fiz Vergara Vilariño, quen, ademais, analiza con profusión no estudo que abre o volume.

Poucos poetas da importancia de Fiz Vergara Vilariño para entendermos a nosa poesía actual, pois non son poucas e poucos os que viñeron detrás e que,
sen dubidalo, recoñecen no poeta do Val de Lóuzara un referente esencial.

Un libro para coñecer o poeta e para ler o poeta.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 306
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 190
  • Data Publicación : 13/09/2019
  • Colección : Letras galegas clásicos
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-393-3
  • Edición :
  • Nº na colección : 6
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila
a-fraga-do-meu-avoA fraga do meu avo Mamá Cabra
na-metade-da-noiteNa metade da noiteLuis Marcelo Pérez

fiz

Vergara Vilariño, Fiz
O poeta Fiz Vergara Vilariño naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). Formou parte do colectivo Cravo Fondo. A súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, que foi logo derivando cara a un maior intimismo. Da primeira época son Para vós (1971) e Encontro cos tiburós (1973).

A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina desde Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR