fisterra

23,95€

mercar

Fisterras atlánticas

Santiago Lamas

Un mangado de textos arredor da xénese e formación da idea de nación e das concepcións diferentes da identidade social

A elaboración identitaria, tanto desde o punto de vista do simbólico coma desde a vertente do factual, é esmiuzada con xeito e atinada diagnose por Santiago Lamas nunha sucesión de cinco ensaios que constitúen a cerna do libro. Tamén sobre a identidade, mais vista desde a súa
"patoloxía", no caso do Don Xoán, e a partir da súa sintomatoloxía, no caso da invención da paisaxe e no da novela policial, tratan as outras "lecturas" -nos dous sensos: interpretacións e leccións- que achegan lectores e lectoras ao proceso de pensamento, ao seu desenvolvemento ou busca curiosa e interesada na cultura como realidade asemade simbólica e actuante.

A radiografía do sedutor, os himnos e as bandeiras, a xenética das orixes e as viaxes en procura da identidade, a "recreación" do pasado, a invención da paisaxe como esencia e a novela negra como retrato social enxérganse, pois, neste libro coa nidia perspectiva de quen efectivamente escribe dende o cabo do mundo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 316
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2012-04-27
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-433-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491515562TiAnjel Lertxundi
9788491514879Benvidos á cidadeXurxo Sierra Veloso
poeta-en-nova-yorkPoeta en Nova YorkFederico García Lorca
9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz

lamas

Lamas, Santiago
(Pontevedra, 1944), psiquiatra, é autor, entre outros títulos, dos ensaios Notas para una teoría de la realidad (1988), Imarginaciones (1988), Sobre el yo y otros objetos no identificados (1994), Galicia borrosa (2004), Ferrín e outras historias (2007) e Fíos e lecturas (2011). Foi Premio Fernández del Riego de xornalismo en 2008.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR