Finísimo po nas ás

Xerardo Quintiá

Dun tempo próximo, chegan estas historias que, porén, falan doutro tempo. Do tempo no que as infancias eran mornas e frías á vez. Do tempo de xoguetes contados e de preguntas abondas. Do tempo en que a inocencia se contaba a anacos, coma moedas recibidas na paga, para durar interminablemente, para durar mesmo alén do que un quixese.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 136
  • Deseño : Rústica sen lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2006-06-13
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-921-4
  • Edición : 3

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

prana-apanaPrana ApanaPatricia Rivas Gallego
9788491514473O derradeiro libro de Emma OlsenBerta DávilaPablo Prado
9788491514589O país do porvirXoaquín Fernández Leiceaga
manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-valEstampas desde o valManuel García Barros

xerardo

Quintiá, Xerardo
Xerardo Quintiá (Friol, 1970) publicou os seus primeiros textos literarios na sección cultural "Táboa Redonda" de El Progreso (1988) e colaborou despois en revistas como Dorna ou Xistral. O seu primeiro libro, Finísimo po nas ás é de 1997. Dous anos despois, ve a luz Unha soa man e outros intres e, nos 2001 e 2002, Un rabaño de ovellas brancas e O libro dos aparecidos. No eido da literatura infantil, é autor de A verdadeira historia do burro Feldespato (2002) e de Ke-Tumba Ke-Tamba, finalista do Premio Raíña Lupa. Para primeiros lectores escribiu Titiritesa (2007). Como poeta, publicou Ailalalalelo de auga (2001); Poesía en ruta (Premio Fermín Bouza Brey 2007) e FORNELOS & FORNELOS, primeira fundación (Premio Fiz Vergara Vilariño 2011).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR