Estás aquí:

Código: 735

Eume

16,20  IVE INCLUIDO
Segundo poemario en galego de César Antonio Molina.
O autor recupera as palabras da tribo a través das augas do Eume, no que se reflicten todos os ríos do mundo. O fluír da vida con Galicia como centro: desde a fraga de Caaveiro ao Ganxes, do Éufrates ao Moldava, do Brahmaputa ao Hudson. O río como patria da palabra, cambiante e sinuosa, extensa e contida nas súas marxes, ruído e rumor ao tempo. Da experiencia viaxeira do poeta mana unha obra de depurada expresión, na que lugares, lembranzas e emocións abrollan como literatura en perpetuo movemento.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 146
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 20/06/2007
Dimensións 12,5 x 22 cm. mm.
Colección: Dombate (Poesía
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-095-9
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Molina, César Antonio
cesarantonio

César Antonio Molina (A Coruña, 1952) licenciouse en Dereito e en Ciencias da Información. Doctorouse cum laude cun traballo de investigación sobre “La prensa literaria española”. Foi profesor da Universidad Complutense de Madrid e da facultade de Humanidades e Periodismo da Universidad Carlos III de Madrid. Durante varios anos coordinou os Cursos de Humanidades da Universidad de Verano de El Escorial.

Entre 1985 e 1996 traballou en Cambio 16 e Diario 16, onde foi Director Adxunto e responsable das páxinas de Cultura y Espectáculos, e dos suplementos Culturas y Libros. En 1996 incorporouse ao Círculo de Bellas Artes de Madrid como Director-Xerente. En maio de 2004 foi nomeado Director do Instituto Cervantes, labor que desempeñou ata o seu nomeamento como Ministro de Cultura en xullo de 2007, cargo no que permaneceu ata 2009. En 2010 a Fundación Germán Sánchez Ruipérez nomeouno como director do seu futuro Centro Internacional para a Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación da Lectura

Ten publicado máis de cincuenta libros, como poeta, ensaísta e tradutor. A súa obra poética aparece recollida en numerosas antoloxías e está traducida a varios idiomas. A súa dedicación á lingua e á cultura galega foi permanente. No ano 1988 publicaba os dous tomos de seu ensaio titulado Prensa literaria en Galicia e, tamén en galego, o seu primeiro libro de poemas A fin de Fisterra, cuxa sétima edición leva un prólogo de Arcadio López Casanova. Fixo varias antoloxías bilingües sobre a poesía galega do século XX e edicións sobre autores galegos como Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste e un longo etcétera. En 2007 publicou en Galaxia o poemario Eume.

Entre outros moitos recoñecementos a súa traxectoria, en 2009 recibiu por parte do estado italiano a gran cruz da Orde ao Mérito da República e en 2010 o Premio Europeo Alberico Sala. En 2010 recibiu a Medalla Castelao da Xunta de Galicia.

As súas obras

Eume
eume
16.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate (Poesía

A fraga prateada
fraga prateada
10.90€ CON IVE
A illa das mulleres loucas
a illa mulleres loucas
12.90€ CON IVE
A nada destemida
9788471548221
12.00€ CON IVE
A ponte das poldras
ponte das poldras
12.00€ CON IVE
A rosa de ninguén
a rosa ninguen
esgotado
A traxectoria caótica do péndulo
pendulo
10.70€ CON IVE
Acusación
acus
12.90€ CON IVE
Antiga claridade
antiga claridade
12.00€ CON IVE