Estampas desde o val

Manuel García Barros

Artigos xornalísticos 1901-1963

recolle unha selección de artigos de temática heteroxénea que Manuel García Barros deu á prensa entre 1901 e 1963, coa pretensión de ofrecer un panorama amplo da súa produción xornalística, fundamental para un mellor coñecemento do seu pensamento, moitas veces esquecido e silenciado, e que non deixa de ser un elo máis na cadea da nosa Historia desde a óptica e protagonismo dun galeguista “carente de xestos inúteis, pero co alento aquecido por unha baril actitude de cerne galeguidade”, como o definiu o seu amigo e compañeiro de estadía no cárcere, Francisco Fernández del Riego.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 204
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 133 x 190
  • Data Publicación : 23/03/2020
  • Colección : Letras Galegas Clásicos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-454-1
  • Edición :
  • Nº na colección : 7
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

fotoEnredos10,75€

Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi
9788491514879Benvidos á cidadeXurxo Sierra Veloso

Autor/a

garcia barros

García Barros, Manuel
Mestre e labrego que naceu en 1876 en Berres (A Estrada) e morreu en 1972 en Callobre (A Estrada). Realizou estudos de Maxisterio. Foi fundador e director do xornal El Estradense  (1906). Asinaba co pseudónimo Ken Keirades os seus artigos anticaciquís. Debido ás súas ideas galeguistas e progresistas, tivo problemas coa xustiza, chegando a ser encarcerado en varias ocasións, coincidindo na prisión de Pontevedra con Fernández del Riego en 1955. Da súa creación destacan a obra teatral Carta da Habana, estreada en 1926, Contiños da Terra (1931) e a novela As Aventuras de Alberte Quiñói, que rematou de escribir en 1942 e só vería a luz postumamente. Tamén a colección de relatos inéditos Enredos e a miscelánea autobiográfica Dos meus recordos foron publicados logo da súa morte. Desde 1957 o escritor estradense foi correspondente da Real Academia Galega.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR