Estamos no verán

20,00€

mercar

Estamos no verán!!!

Charo Pita

Xoán Curiel

ESTAMOS NO VERÁN!!! é unha fascinante novela-disco que nace da colaboración entre a escritora Charo Pita e o músico Xoán Curiel.

En forma de diario, cóntasenos a historia dun grupo de amigos xusto cando o verán comeza.
O seu máis grande soño: ter un grupo de música.
Neste libro, espectacularmente ilustrado por Iván R. convidámoste a acompañar a esta pandilla nunha aventura musical á que Xoán Curiel e os seus músicos puxeron unha espectacular e diversa banda sonora a ritmo de rock, blues, funky ou bossa nova, entre outros.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 60
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 170 x 240
  • Data Publicación : 2014-05-12
  • Colección : Sonárbore + grande
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-520-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Xoán Curiel en Arteixo2014-10-14 09:04:47

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

pericles-e-a-baleaPericles e a baleaXohana Torres
baleas-e-baleasBaleas e baleasLuisa Castro
the-making-ofThe making ofXavier Alcalá
o-padre-sarmiento-viaxeiroO padre Sarmiento, viaxeiroMarcelino Agís Villaverde

FOTO CHARO PITA

Pita, Charo
Charo Pita di que naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. Recoñece estar sempre a medio camiño: nin pícara nin adulta, nin gorda nin fraca, nin loura nin morena, nin india nin vaqueira, nin de aquí nin de alí, unha salvaxe apracible, entre o po da viaxe e a modorra dunha butaca vella, unhas veces coa palabra na boca, outra coa música... O seu traballo como narradora abrangue diversas áreas, desde o conto infantil ata o relato erótico ou de terror e as montaxes musicais. Tamén imparte talleres de narración oral, desde o ano 1994, por todo o ámbito da xeografía española. Estudou Canto, Interpretación e é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca. Como escritora recibíu algúns premios literarios e ‘Estamos no verán!!!’ e a súa primeira publicación na Editorial Galaxia.

Xoán Curiel

Curiel, Xoán
Xoán Curiel é un dos valores actuais da música galega.
Neste ano 2014, presenta o seu terceiro disco: Estamos no Verán!!!; neste caso trátase dunha novela-disco infantil, editado pola editorial Galaxia que ten como autora da novela a Charo Pita.
Na súa Xira de Peregrinación Magnética, neste ano, Xoán viaxa ás Azores (Azores Fringe Festival) e tamén a Arxentina, actuando en Bos Aires, Rosario, Paraná, Santa Fe e San Nicolás.
En Xuño do 2013 gaña o premio ao Mellor Album en Lengua Gallega nos Premios de la Música Independiente 2013.
En Decembro do 2012 presenta o seu novo espectáculo Novas e tamén participa nos concertos CoraSons, xunto a artistas coma Joao Afonso, Carlos Blanco ou María Pujalte entre outros.
En Outubro do 2012 participa no Festival Estou La como artista e director artístico compartindo escenario con artistas como Eneida Marta ou Joao Afonso.
Nese mesmo mes de Outubro participa en Bilbao no festival Cantando a Marrodán xunto con históricos da música de autor vasca e catalana como Nico Etxart, Gontzal Mendibil ou Josep Teró.
En Xaneiro do 2012 participará no festival da lusofonía Cantos na Maré, xunto con Mayra Andrade, Carlos do Carmo, Socorro Lira e Uxía.
No ano 2011, presenta e canta no espectáculo Cores do Atlántico de Socorro Lira na Illa de San Simón xunto cos
artistas Uxía, Margareth Meneçes, Joao Afonso e Socorro Lira. Participa ademais neste ano coa súa canción "Rapás, rapás..." no videoxogo Galeoke e canta a canción "Gaiteiro de Vainilla" no disco Arrolos de Salitre de Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Participa tamén nos discos A Minha Embala da cantante angolana Aline Frazão na canción Kamba de Fala e no disco From the Light de Kate Targan coa canción "Nos", gravando en California xunto con esta cantante.
No ano 2009 presenta o seu disco Nai por toda Galicia, Brasil, Francia e Bélxica. Neste disco, somérxese nun universo de sonoridades que veñen dende a música de raíz, pasando polo jazz, pop, reggae e a música de autor.
Na súa traxectoria artística destaca a súa versatilidade, participando coma actor, músico, director, cantante ou bailarín en diversos proxectos vinculados á música, o teatro, o teatro infantil e a danza. Proxectos coma o espectáculo infantil A Nena e o Grilo de Magín Blanco e a Editorial Oqo, ou o seu proxecto co grupo Son+d2 onde fan concertos didácticos e espectáculos infantís dende o ano 2007.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR