Escritos en cafeterías

17,20€

mercar

Escrito en cafeterías

Miguel Anxo Murado

Historias reais escritas en principio como columnas de prensa.

Un portaavións fabricado cunha aliaxe do metal fundido nas Torres Xemelgas, unha factoría de chalecos antibalas onde se dispara contra os traballadores para probas o xénero, un padriño da mafia afeccionado á música do Padriño de Coppola… Son algunhas das historias reais que nos contan estas páxinas de Miguel Anxo Murado, escritas en principio como columnas de prensa pero concibidas desde a perspectiva do escritor máis que do xornalista.
O lector atopará aquí non tanto opinións como parábolas, paradoxos e reflexións sobre asuntos tales como a relación entre as epidemias e a solidariedade, os inconvenientes de abolición do Purgatorio ou o carácter máxico das mans dos políticos. Notas, en definitiva, arredor da actualidade e a vida que, como di o autor, "é como o emblema do teatro: unha máscara que ri e outra que chora".

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 200
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2016-02-15
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-526-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

o-home-traveseiroO home traveseiroMartin MacDonagh
notas-compostelasNotas CompostelásAntonio Fraguas
9788491513278Romarías e SantuariosAntonio Fraguas

Autor/a

miguel-anxo-murado

Murado, Miguel Anxo
Nado en Lugo en 1965, é escritor, guionista de cinema e televisión. A súa aparición no mundo literario tivo lugar con Metamorfosis benezianas (1983), novela en castelán coa que gañou ós 17 anos o Premio Café Gijón. En galego é autor dunha variada obra que inclúe narrativa (Memoria de derribos, Mércores de cinza), poesía (Lapidario dos heterodoxos, Bestiario dos descontentos) e teatro (A grande noite de Fiz, Historias peregrinas). En 1991 e 1994 viaxou á exIugoslavia como enviado especial, experiencia da que naceu Ruído. Relatos de guerra. En 2001 publicou o ensaio Caderno de Xapón. En paralelo co seu traballo literario, Murado desenvolveu durante anos un labor de guionista, polo que obtivo en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guionistas da Xunta de Galicia. Seus son os guións de películas do cinema español como La Ley de la Frontera ou Finisterre. En televisión, escribiu e realizou unha ducia de documentais sobre Xeografía, Literatura e Política, e colaborou en varias series. Murado desenvolveu unha actividade intermitente no campo do xornalismo. É columnista habitual en diversos medios. Residiu varios anos en Oriente Medio, onde traballou sucesivamente para as Nacións Unidas, o Goberno da Autoridade Palestina e como correspondente de prensa. Premio Pedrón de Honra 2015 e Fernández Latorre 2016.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR