escolma

61,00€

mercar

Escolma de poesía galega I-II

Xosé María Álvarez Blázquez

Dous tomos con estoxo.

Edición facsimilar coeditada por Editorial Galaxia e a Real Academia Galega, conmemorativa do Día das Letras Galegas do ano 2008, dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez.

Tomo I: Escola Medieval Galego-Portuguesa (1198-1346)

Tomo II: A poesía dos séculos XIV a XIX (1354-1830)

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 554
  • Deseño : Dous volumes en rústica con estoxo
  • Dimensións : 12,5 x 20 cm.
  • Data Publicación : 2008-05-20
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-097-6
  • Edición : 2

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514169A casa xunto ao volcánXosé Ricardo Losada
9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala

xm

Álvarez Blázquez, Xosé María
Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) foi un escritor polifacético (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador, e editor que manifestou en todo o seu quefacer unha vontade de compromiso firme co seu país.

Como poeta cómpre destacar os seus libros Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953) e Canle segredo (1976). Como narrador, en galego é autor dos contos Os ruíns (1935) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971).

A súa figura tivo un papel central na creación das editoriais Monterrey e Castrelos, fitos fundamentais para a normalización da nosa cultura nos duros anos do franquismo. Alén diso o seu labor como investigador en temas literarios e arqueolóxicos foi moi salientábel. En literatura son de subliñar as súas achegas ao estudo da lírica medieval galega e á dos Séculos Escuros; no ámbito arqueolóxico os seus traballos sobre o a prehistoria e a romanización son especialmente relevantes.

En 2008 foi o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR