foto

10,70€

mercar

Enredos

Manuel García Barros

Carlos Loureiro

Textos breves en prosa nos que están presentes os trazos definitorios da obra de Ken Keirades

Velaquí unha obra, inédita ata o de agora, do estradense Manuel García Barros. Nestas prosas están presentes os trazos que definen a súa obra literaria: humor costumista, progresismo ideolóxico e amor á terra, á lingua galega e ás xentes que a falan. O libro inclúe un limiar, escrito por Ramón Otero Pedrayo en 1960.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 160
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 120 x 168
  • Data Publicación : 2000-12-01
  • Colección : Outros títulos de literatura
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-407-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Autor/a

garcia barros

García Barros, Manuel
Mestre e labrego que naceu en 1876 en Berres (A Estrada) e morreu en 1972 en Callobre (A Estrada). Realizou estudos de Maxisterio. Foi fundador e director do xornal El Estradense  (1906). Asinaba co pseudónimo Ken Keirades os seus artigos anticaciquís. Debido ás súas ideas galeguistas e progresistas, tivo problemas coa xustiza, chegando a ser encarcerado en varias ocasións, coincidindo na prisión de Pontevedra con Fernández del Riego en 1955. Da súa creación destacan a obra teatral Carta da Habana, estreada en 1926, Contiños da Terra (1931) e a novela As Aventuras de Alberte Quiñói, que rematou de escribir en 1942 e só vería a luz postumamente. Tamén a colección de relatos inéditos Enredos e a miscelánea autobiográfica Dos meus recordos foron publicados logo da súa morte. Desde 1957 o escritor estradense foi correspondente da Real Academia Galega.

loureiro

Loureiro, Carlos
Carlos Loureiro Rodríguez nace en Callobre (A Estrada-Pontevedra) no ano 1957. É Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR