Eles e mais eu. Compostelaneando

Xosé Luís Bernal López (Farruco)

A vida que rodeou e rodea a Xosé Luís, a Bernal, Farruco,

é Santiago, é Compostela, e, como compostelán, neste libro fálanos da súa relación coa cidade a través dos personaxes máis destacables e curiosos do seu tempo, cunha ollada capaz de crear historias que merecen ser contadas.

Historias dunha cidade, dun país e dun tempo, e de personaxes como Maruxa e Coralia (as Marías), Modesto el Churrero, Franco del Carro, Zapatones…

E tamén de si mesmo, do propio Xosé Luís Bernal, de Farruco.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 132
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 240 x 210
  • Data Publicación : 01/06/2020
  • Colección : Reportaxe
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-463-3
  • Edición :
  • Nº na colección : 20
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

Autor/a

xose-luis-bernal-farruco-neno

Bernal López, Xosé Luís (Farruco)
Xosé Luís Bernal López, Farruco (Santiago de Compostela, 1942). Sendo ben noviño subiu a un estrado e xa non volveu baixar. Presentou festivais, animou concursos, organizou certames, pronunciou pregóns, esconxurou queimadas, fixo teatro, recitou poemas e, co seu personaxe Farruco, a súa creación máis notable, percorreu Galicia, de cabo a chicote, por festas e romarías, e levoulle unha mensaxe de humor e de nostalxia a moitos Centros Galegos de España, Europa, América e do Continente Australiano. Aos dezaoito anos agarrou un micrófono e xa non o volveu soltar: Falou polos da SER, Radio Galega, Onda Cero, Radio Voz... E para que a súa mensaxe chegase máis lonxe e a máis lugares, editou catro producións discográficas: Caralladas, Farrucadas, Trapalladas e Gargalladas. Pola década dos oitenta atrapouno unha cámara de televisión e non o deixou escapar: participou e protagonizou series, programas, reportaxes, concursos, entrevistas… As cámaras do cine tamén o captaron e o exhibiron con éxito. E hoxe en día, no descanso do guerreiro, dáselle por escribir.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR