foto

9,20€

Non dispoñible

Elemental, meu querido Watson

Marcel Miralles

Sherlock Holmes tenta resolver un asasinato histórico: o do xeneral Prim en Madrid.

Esta novela parte dun feito histórico ben coñecido: o asasinato do xeneral Prim na Rúa do Turco, en Madrid, cando saía do Congreso para dirixirse ó Ministerio da Guerra e dous coches lle atrancaron o paso á carruaxe que ocupaba. Os seis homes que descargaron os seus trabucos sobre o corpo do xeneral cambiaron o destino de España, pero as razóns que os moveron nunca chegaron a saberse. Claro que, se escaravellamos un chisco na codia da historia, poida que descubramos algo máis que os feitos tantas veces repetidos. Sobre todo, se quen nos axuda é o mesmísimo Sherlock Holmes.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 112
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 120 x 224
  • Data Publicación : 1994-09-01
  • Colección : Árbore
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-728-6
  • Edición : 5

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans

Marcel Miralles

Miralles, Marcel
Naceu en Barcelona no ano 1933. Exerceu distintos oficios, non sempre relacionados coa literatura, aínda que tamén foi redactor dalgunha pequena revista local. Escritor catalán, cultiva fundamentalmente o relato, e algunhas das súas novelas mereceron xuízos moi eloxiosos por parte da crítica. As súas narracións xuvenís están sempre cheas de humor e de intriga, utilizando a miúdo o recurso de situar na acción a personaxes da literatura universal, como sucede con esta novela.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR