ela

15,50€

mercar

Ela, maldita alma

Manuel Rivas

Nova edición con dous contos inéditos, "O espertar da criada" e "O misterio de Uz"

Neste libro de relatos reencontrámonos co escritor que emocionou a tantos lectores con títulos como O lapis do carpinteiro e Que me queres, amor?, este último galardoado co Premio Torrente Ballester e co Premio Nacional de Literatura de 1996.

A mirada de Rivas sobre a vida, o mundo e os seres humanos segue a distinguirse por esa distancia compasiva e benhumorada, comprensiva e solidaria que, porén, non elude nunca a realidade do mal. Ese mal que xamais triunfa por completo porque sempre haberá un paxaro que cante, unha bolboreta que voe ou un neno que diga a palabra inocente e redentora… En Ela, maldita alma está o mellor Manuel Rivas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 164
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2011-05-03
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-363-2
  • Edición : 3

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

manolo

Rivas, Manuel
Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é un dos escritores máis destacados no actual panorama das letras galegas. Dende 2009 é membro da Real Academia Galega. É autor dunha obra literaria que abrangue títulos como os poemarios Libro do Antroido (1981), Balada nas praias do oeste (1985), Mohicana (1986), Ningún cisne (1989), Costa da Morte blues (1995), O pobo da noite (1997) e as obras narrativas Un millón de vacas (1989), Os comedores de patacas (1991), En salvaxe compaña (1994), Que me queres, amor? (Editorial Galaxia, 1995), O lapis do carpinteiro (1998) e Os libros arden mal (2006).

Rivas é tamén un dos representantes máis salientables do xornalismo galego de hoxe. Colaborador habitual do diario El País, dirixiu a revista Luzes de Galiza e ten recollido grande parte dos seus artigos xornalísticos en libros como Galicia, el bonsai atlántico (1990), Toxos e flores (1993), Muller no baño (2002) e Os Grouchos (2008). En 2009 recibiu o Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego por un artigo sobre Ramón Piñeiro; en 2011 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR