É a Lúa que baila… María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca

María Victoria Moreno

Un volume singular e ata o de agora inédito da obra de María Victoria Moreno publicado pola Editorial Galaxia en colaboración co Consorcio de Santiago.

Este novo libro ten como protagonista a faceta filolóxica, lectora e investigadora de María Victoria Moreno, e está presidido por “«Danza da lúa en Santiago». Suxerencias para unha aproximación a Federico García Lorca, poeta galego”, un estudo publicado orixinalmente no ano 1985 na revista madrileña de estudos galegos Madrygal. O volume  inclúe tamén os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, un anexo con comentarios de María Victoria Moreno á “Cantiga do neno da tenda” e un minucioso estudo introdutorio da man do académico e profesor Xesús Alonso Montero, que se sitúa xa como unha referencia no estudo da escrita de María Victoria Moreno.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 104
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 170 x 240
  • Data Publicación : 26/02/2018
  • Colección : Varios
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-159-5
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 121
  • Observacións : ISBN do Consorcio de Santiago: 978-84-16753-25-3

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

grial-218Grial 218 VV.AA.
senlleirasSenlleirasAntía Yáñez Rodríguez

Autor/a

mvictoria

Moreno, María Victoria
María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 - Pontevedra, 2005), licenciada en Filoloxía Románica pola universidade de Madrid, en 1963 conseguiu unha praza de profesora nun instituto de Pontevedra, establecéndose en Galicia. A súa identificación co noso país foi tan intensa que de seguida aprendeu o galego e o convertiu na súa lingua. Desde entón, toda a súa obra literaria está escrita en galego. Unha parte dela son contos e novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil, como Leonardo e os fontaneiros, Mar adiante, O cataventos e Festa no faiado. A súa novela Anagnórise, xa traducida ao castelán, obtivo un grande éxito entre os lectores, e figura na lista de honra do IBBY de 1990. Con Guedellas de seda e liño recibiu unha mención especial White Ravens 2002. Colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección "Árbore" da Editorial Galaxia dende 1988, ano da súa creación.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR