dos meus recordos

14,70€

mercar

Dos meus recordos

Manuel García Barros

Misceánea que conta con humor e amenidade moitos dos casos e cousas que deixaron pegada na memoria do autor

Esta é unha obra autobiográfica inédita, unha miscelánea que García Barros tentou publicar e n vida, pero que foi ficando esquecida. O autor, coñecido polo seudónimo Ken Keirades, debulla neste volume algúns dos episodios máis significativos da súa vida.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 196
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 119 x 164
  • Data Publicación : 2001-10-01
  • Colección : Outros títulos de literatura
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-468-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

fotoEnredos10,70€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Autor/a

garcia barros

García Barros, Manuel
Mestre e labrego que naceu en 1876 en Berres (A Estrada) e morreu en 1972 en Callobre (A Estrada). Realizou estudos de Maxisterio. Foi fundador e director do xornal El Estradense  (1906). Asinaba co pseudónimo Ken Keirades os seus artigos anticaciquís. Debido ás súas ideas galeguistas e progresistas, tivo problemas coa xustiza, chegando a ser encarcerado en varias ocasións, coincidindo na prisión de Pontevedra con Fernández del Riego en 1955. Da súa creación destacan a obra teatral Carta da Habana, estreada en 1926, Contiños da Terra (1931) e a novela As Aventuras de Alberte Quiñói, que rematou de escribir en 1942 e só vería a luz postumamente. Tamén a colección de relatos inéditos Enredos e a miscelánea autobiográfica Dos meus recordos foron publicados logo da súa morte. Desde 1957 o escritor estradense foi correspondente da Real Academia Galega.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR