arquivos do trasno

12,50€

Non dispoñible

Dos arquivos do trasno

Rafael Dieste

Vinte relatos nos que Dieste trata con modernidade a presenza do sobrenatural no mundo popular.

"O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz". Esta é unha das sentenzas que no limiar do libro dá Dieste sobre a súa forma de entender o relato. E presenta a continuación contos breves, intensos, de linguaxe estilizada, nos que o sobrenatural e o misterioso se introducen na realidade. Un anticipo do realismo máxico situado nas vilas mariñeiras de Galicia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 112
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2014-03-26
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-171-3
  • Edición : 3

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Dieste

Dieste, Rafael
Rafael Dieste Gonçalves (Rianxo, 1889 - Santiago de Compostela, 1981) é autor de obras de narrativa, teatro e ensaio e pertence á chamada xeración das vangardas, que deu un novo impulso ás artes galegas. Os seus contos, recollidos boa parte deles en Dos arquivos do trasno, e as súas obras de teatro como A fiestra valdeira supoñen un esforzo importante por modernizar a literatura galega. En ambos xéneros destacou como un dos talentos máis decisivos para a evolución das letras galegas do século XX.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR