domingos

20,95€

mercar

Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950

Manuel Pérez Rúa

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009

A xeración de 1950 foi a que viviu o paso do franquismo á democracia. Atravesou biograficamente procesos como as migracións exteriores e interiores, a urbanización intensiva e a incorporación laboral da muller. É a xeración que protagonizou o cambio social na Galicia contemporánea.

A través das voces de trinta e un membros da xeración de 1950 -enmarcadas en datos sociolóxicos para comprender a magnitude e o contexto das transformacións- este ensaio analiza o cambio social que supuxo a mudanza dunha cultura autoritaria, centralista, relixiosa e paternalista a outra democrática e autonómica. A vivencia do paso da produción ao consumo, da pobreza á clase media, do sentido do deber á cultura do inmediato, do galego ao castelán e do crucifixo ao agnosticismo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 252
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2010-12-17
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-336-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

manuel

Pérez Rúa, Manuel
Manuel Pérez Rúa (Moaña, 1956), sociólogo, traballou nun estaleiro naval ata a reconversión industrial dos anos 1980, pasando logo a ser coordinador cultural do concello de Moaña. É autor de Moaña (1991), e coautor de Galicia SL (1995), entre outros ensaios. Realizou, ademais, distintos estudos sociolóxicos relacionados co campo sociocultural e urbanístico.

En 2009 obtivo o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio pola obra Domingos de calcetíns brancos, unha análise do cambio social a partir da xeración de 1950.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR