falar

16,75€

mercar

Do que estou a falar cando falo de correr

Haruki Murakami

En 1982, tras deixar o local de jazz que rexentaba e decidir dedicarse a escribir, Haruki Murakami tamén comezou a correr.

Ao ano seguinte Murakami percorrería en solitario o traxecto que separa Atenas da vila da Maratón. Despois de participar en ducias de carreiras de longa distancia e en triatlóns, o novelista reflexiona neste libro sobre o que significa para el correr e como influíu na súa maneira de escribir.

Os adestramentos diarios, a súa paixón pola música, a conciencia do paso do tempo, os lugares aos que viaxa, acompáñano nun relato no que escribir e correr se converten nun xeito de vida.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 188
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm
  • Data Publicación : 2009-03-05
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-166-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Murakami: primeiro en galego2009-05-28 10:53:04

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

haruki

Murakami, Haruki
Haruki Murakami (Kioto, Xapón, 1949), despois de realizar estudos universitarios, traballou durante oito anos como encargado dun bar de jazz en Toquio. Ao iniciar a súa carreira como novelista, marchou a vivir a Italia, Grecia e os EUA, onde foi profesor de literatura xaponesa na Universidade de Princeton. En 1995 volveu ao Xapón e actualmente vive en Toquio. É tradutor de Scott Fitzgerald, John Irving e Raymond Carver. Segundo el mesmo conta, a idea de escribir a súa primeira novela ocorréuselle mentres vía un partido de béisbol, deporte moi popular no Xapón. Escoita a voz do vento (1979) sería tamén a primeira novela da "Triloxía do rato". Entre as súas novelas máis coñecidas cómpre citar Norwegian Wood (1987) ou Kafka na beiramar (2002).

As súas obras están traducidas a máis de trinta idiomas e por elas recibiu recibiu prestixiosos premios como o Noma, o Tanizaki, o Yomiuri e o Franz Kafka e, en Galicia, o Arcebispo San Clemente, concedido por estudantes galegos.

Obtivo o Premi Internacional de Catalunya 2011 outorgado pola Generalitat "por convertir a súa obra nun referente destacado do panorama literario mundial e construír unha ponte entre Oriente e Occidente". E en 2015, o Hans Christian Andersen.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR