Do amado amodo

Manuel Outeiriño

Nesta obra séguese o ritmo vagaroso do dicir.

A expresión destes versos non está en consonancia con preceptiva ningunha: explora esgazaduras, fendas, desconcertos típicos dos nosos días. O poemario móvese entre o sublime e o popular, tal que, nos tempos modernos que corren, quizais o popular e o sublime sexan cousa semellante: expresar a nosa posición perante a continxencia. Igual ca Epicuro insistiu na prolepse e no pracer da amizade, Manuel Outeiriño insiste na amizade coas palabras e incluso con algunha expresión que dá para matinar na imprecisión vital. A poesía, ben mirada, é o pulso, e non a imaxe, que mantén aínda as arelas; a poesía é onde pousa o remol do sentido.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 88
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 220
  • Data Publicación : 25/06/2018
  • Colección : Dombate
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-187-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 78
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

eÉ13,00€

Actividades relacionadas


Novidades

os-ollos-do-tangaleironOs ollos do TangaleirónXosé Antonio Neira Cruz
pantallasPantallasCelia Parra
iridiumIRIDIUMFrancisco Castro

Autor/a

manuel-outerino

Outeiriño, Manuel
Naceu en Ourense no ano 1962. Ultimamente sintoniza co poema "Velas de son levado", de Aquilino Iglesia Alvariño e Celso Emilio Ferreiro, máis do que para as pezas do piano a catro mans de Mozart. Recoñece que leu máis a Reixa cá Afonso o sabio (e que a cousa xa non ten volta). Publicáronlle Depósito de espantos (1994), Letras vencidas(1999) e É (2005). Fixo versións galegas J.V. Foix, Pere Quart, Joan Vinyoli, Gabriel Ferrater, Joan Fuster, Stephen Spender, Seamus Haney, Derek Walcott, Wallace Stevens e das novelas Unha viaxe sentimental, de L. Sterne, Os papeis de Aspern, de Henry James, e Corazon da escuridade, de Joseph Conrad. Algunhas das súas impresións literarias andan nos artigos sobre O valo de Manselle, de Anxo Angueira, e sobre as baladas líricas de Otero Pedrayo que lle publicaron na Trabe de Ouro.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR