Estás aquí:

Código: 5

Dicionario enciclopédico gallego-castellano

descatalogado

O Diccionario, coñecido tamén como "O Don Eladio", é a obra dun egrexio lexicógrafo e dun profundo e amantísimo coñecedor da Galicia tradicional, un diccionario que non se limita a recompilar as palabras e os seus significados, senón tamén a explicalas no seu contexto social e cultural, a recrealas a facelas revivir a través das súas variantes e das expresións, frases e refráns ás que dan lugar.    O primeiro volume do Diccionario, precedido dun fervoroso limiar de Otero Pedrayo, foi publicado en 1958 por Editorial Galaxia, quen contou nesta ocasión co patrocinio da Casa de Galica de Caracas. Os dous tomos restantes apareceron en 1960 e 1962 e desde ese momento "O Don Eladio" converteuse nunha referencia ineludible para lingüístas, filólogos, escritores e, en xeral, para todas as persoas interesadas en coñecer e apreciar a riqueza da lingua galega.     O diccionario enciclopédico gallego-castellano é un monumento da lexicografía galega, con máis de 2.000 páxinas, co que se formaron xeracións enteiras de estudiosos e escritores.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 2060
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 01/03/2001
Dimensións 180 x 248 mm. mm.
Colección: Dicionarios
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-428-8
Observacións:

AUTORES/AS

Rodríguez González, Eladio
eladio

Poeta e xornalista que naceu en San Clodio, Leiro en 1864 e morreu na Coruña en 1949. O seu labor na investigación lexicográfica foi recollido no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano, publicado unha década despois do seu pasamento. Polo seu incansable traballo neste ámbito dedicóuselle en 2001 o Día das Letras Galegas.

As súas obras

Oraciós campesiñas (Versos galegos)
foto
22.80€ CON IVE

COLECCIÓN

Dicionarios

Dicionario da literatura galega. T. III - Obras
foto
32.75€ CON IVE
Dicionario da literatura galega IV
dicionario da literatura galega IV
32.75€ CON IVE
Dicionario da literatura galega. T.II - Publicacións Periódicas
publicacions
32.75€ CON IVE
Dicionario da Real Academia Galega
foto
49.50€ CON IVE
Dicionario de refráns (galego-castelán-francés)
d refrans
esgotado
Dicionario de sinónimos da lingua galega
foto
30.75€ CON IVE
Dicionario enciclopédico gallego-castellano
foto
descatalogado
Dicionario escolar galego
escolar
esgotado