diario

19,75€

mercar

Diario de inverno

Paul Auster

Anticipándose á súa publicación en inglés, Editorial Galaxia pon nas mans dos lectores e lectoras galegos o novo libro de Paul Auster. Unha novela na que o escritor relexiona sobre a súa vida a través do relato dos momentos que deixaron pegada na súa imaxinación.

A nova novela do autor de Brooklyn Follies encaixa á perfección no que a crítica denomina "autoficción": o novelista escribe sobre si mesmo e convértese en personaxe, a súa vida queda apreixada no papel e é lida como unha narración.

Auster comeza o libro con 64 anos, coa vivencia do que el chama "o inverno da vida". A partir de aí, o xogo da memoria vai ir tecendo unha narración en segunda persoa no que os pormenores da vida acaban por adquirir unha significación que, aparentemente, non tiñan. O divorcio da súa nai e a súa morte, a mocidade e as manifestacións universitarias contra a guerra do Vietnam, o case mortal accidente de coche da súa segunda muller, a escritora Siri Hustvedt, e do seu fillo, a relación cos diferentes lugares nos que viviu, a súa estadía en París… a rememoración do día a día debuxa sutilmente unha historia chea de suxestións e incitacións á reflexión sobre a ferida do tempo e a escritura.

Diario de inverno non é a primeira vez que Auster escribe sobre si mesmo, pois xa en en 1982 publicou The Invention of Solitude, libro no que contaba os derradeiros anos da vida de seu pai.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 236
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2012-01-30
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-410-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

sunsetSunset Park19,60€
invisibleInvisible18,95€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

paul auster 2

Auster, Paul
Paul Auster (Nova Jersey, 1947) é un dos máis prestixiosos escritores norteamericanos actuais. Autor de novelas, ensaios, poesía, guións e películas de cine, a súa obra é lida en todo o mundo. Entre as súas novelas máis coñecidas pódense citar a Triloxía de Nova York (1985-86), Moon Palace (1989), Leviathan (1992), Mr Vertigo (1994), The Book of Ilusions (2002), Brooklyn Follies (2006), Viaxes no scriptorium (2007), o guión da película A vida interior de Martin Frost (2007), Un home na escuridade (2008), Invisible (2009) e Sunset Park (2010), estes seis últimos títulos publicados en galego por Galaxia, que desde 2006 edita a obra de Auster en Galicia. En 2006 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR