diabolus

24,00€

mercar

Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba

Manrique Fernández

Rogelio Groba

A verba directa e contundente do mestre Groba a carón dunha escolma da súa música nun CD

Rogelio Groba é instrumentista, director, pedagogo e, sobre todo, compositor. O seu incansable traballo entre as liñas do pentagrama deixou un froito innegable, a súa versatilidade compositiva levouno a crear un catálogo que sobrepasa os seiscentos títulos. Óperas, sinfonías, un réquiem, cantatas, oratorios…

Diabolus in musica é un libro de conversas que repasa a súa vida, os seus afáns como músico, a súa visión do mundo e da cultura. A función social da música, a educación musical e a relación do compositor coa súa Terra.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 184
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2011-11-24
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-405-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Venres de presentacións2012-08-07 12:44:02


Actividades relacionadas


Novidades

as-que-mais-molan-maria-fumacaAs que máis molan!!! UxíaMagín Blanco
hermes-aprendiz-de-magoHermes, aprendiz de magoManrique Fernández
a-ledicia-de-lerA ledicia de lerCarlos Casares
a-pel-do-mundoA pel do mundoBerta Dávila

manrique

Fernández, Manrique
(Sistallo, Cospeito, 1965) é xornalista e autor de Rogelio Groba. Meditacións en branco e negro, biografía oficial do compositor. Dende ese momento converteuse nun dos seus colaboradores habituais, escribindo os libretos de dúas óperas ("Floralba" e "Pedro Madruga. O noso Rei"), os textos dunha cantata ("Corpus en Ponteareas") e un réquiem ("Samaín. Réquiem galego"), entre outras obras. Ademais é autor de Ponteareas máxica, recompilación de lendas tradicionais.

groba

Groba, Rogelio
Rogelio Groba Groba (Guláns, Ponteareas, 1930). Estudou no Real Conservatorio de Música de Madrid. En 1962 trasladouse a Suíza, onde residiu sete anos. De volta en España foi nomeado director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña, cargo que exerceu durante vinte e tres años. Foi fundador da Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña e da Orquestra de Cámara Municipal. Tamén foi director e profesor do conservatorio coruñés durante vinte anos.

Dende 1990 dedicouse só á creatividade musical, campo en que foi recoñecido co Premio Internacional Dante Luini (1973), Premio da Crítica Galega (1979), Premio Xunta de Galicia da Cultura (1992), Medalla Castelao (1995), Premio Internacional Auditorio de Galicia (2004), e co nomeamento de Fillo Predilecto de Ponteareas. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes, da Real Academia de San Fernando, de Madrid, e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Recibiu o Premio da Cultura Galega 2011 na categoría de Música.

Dende 2002 preside a Fundación Rogelio Groba. Como compositor supera os 560 títulos no seu catálogo, no que podemos atopar obras de todos os xéneros e estilos, dende óperas a sinfonías, concertos, cantatas, suites, un réquiem, abundante música sinfónica, de cámara, pianística, coral, para banda, e un longo etcétera.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR