Dezanove badaladas

Anxo A. Rei Ballesteros

Escrita entre 1969 e 1970, cando o autor tiña dezasete anos,

esta é a primeira novela en galego de Anxo A. Rei Ballesteros. Nunha Compostela case fantasmal, dominada polas torres das igrexas e os lampexos engaiolantes dos bares. Dezanova badaladas conta o deambular nocturno de Nolo, que deixou a aldea e sae da casa na compaña de tres amigos para se divertir con fartura gastando a súa primeira paga mensual de obreiro. Coma unha estadea urbana que se ensume no corpo da noite, a novela traza o percorrido dos personaxes arredor dun desacougo íntimo que o inza todo. A sensación estraña de sentirse foráneo -fóra de lugar- na propia vida. Viaxe ao cabo da noite, paseo polo pracer e a morte, novela de aprendizaxe e metáfora da existencia, velaquí o preludio esencial á obra dun autor maior.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 188
  • Deseño : Rústico con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 15/10/2018
  • Colección : Biblioteca Rei Ballesteros
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-201-1
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 3
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

loairaLoaira31,50€

Actividades relacionadas


Novidades

as-ramonasAs ramonasAna Cabaleiro
adios-maria-2018Adiós MaríaXohana Torres

anxo

Rei Ballesteros, Anxo A.
Anxo Rei Ballesteros (Codeso, Boqueixón, 1952-Vigo, 2008) é un dos autores que máis influíron na evolución da narrativa galega contemporánea. A súa obra, iniciada coa novela Dos anxos e dos mortos (1977) e continuada con Loaira (1992), é, segundo o crítico Xoán González Millán "un dos proxectos novelísticos máis complexos e ambiciosos da historia da narrativa galega". Xunto coa obra de teatro Xogos de damas (1988) e o ensaio A outra memoria (1989) tamén é autor do libro de relatos A sombra dos teus soños (1998). No ano 2002 obtivo o Premio Ramón Piñeiro de ensaio con
Tempo e vinganza e, no 2007 xunto con Carlos Fernández, o Premio Ánxel Fole polo ensaio Urda e mundo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR