dende himalaia

Non dispoñible

Non dispoñible

Dende o Himalaia a Ceilán

Darío Xohán Cabana

Escolma de lendas populares hindús, dirixidas aos lectores novos

A India é máis ca un país, é todo un mundo. A cultura hindú, formada ao longo de tres mil anos, é tan rica e multiforme que abrangue milleiros de deuses e deusas e unhas oitocentas linguas.

As lendas hindús que conta neste libro o narrador e poeta Darío Xohán Cabana son unha mostra desa marabillosa xuntanza de vellas crenzas e símbolos eternos. A historia do deus con cabeza de elefante, a do exército de simios de Rama ou a do Príncipe Siddhartha, o Buda por exelencia, han servir de porta de entrada a unha civilización sorprendente e fascinante.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 48
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2004-03-20
  • Colección : Lendas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-747-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

dario

Cabana, Darío Xohán
Naceu en 1952 na aldea de Roás, no concello lugués de Cospeito. Actualmente é funcionario no Concello de Lugo, onde se dedica á xestión de asuntos culturais. Comezou a súa xa longa andaina literaria no ámbito da poesía, con libros como Romanceiro da Terra Chá (1973), Ábrelle a porta ó día (1981), A fraga amurallada (1983), ou Amor e tempo liso (1988), entre outros.

A narrativa é na actualidade a súa ocupación preferente. Neste xénero deu nos últimos anos varios títulos, entre os que figuran Galván en Saor (1989), Fortunato de Trasmundi (1990), As aventuras de Breogán Folgueira (1990), Vidas senlleiras (1992), O cervo na torre (1994), Morte de rei (1996) e Inés e a cadela sabia (2000). Tamén goza Cabana de merecida sona como tradutor polas súas versións galegas do Cancioneiro de Petrarca, A Divina Comedia e Vida nova de Dante.

En maio de 2006 publica con Galaxia o poemario Cabalgada na brétema.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR