Estás aquí:

Código: 2018

De roda en roda. Músicas e danzas do mundo

esgotado
Porque todos os pobos bailan. Unha simbiose feliz entre o corpo, a festa e o ritmo.
A vida é unha especie de danza…Neste libro, os autores, vencellados dende hai moitos anos ao mundo da danza popular, ofrecen unha escolma de 21 pezas tradicionais de diversas partes do mundo, cada unha co seu son orixinal. Gravadas no CD con instrumentos propios dos seus países de orixe, son explicadas dun xeito doado no libro e mostradas no DVD para que ninguén quede sen bailar. Un libro que é tamén unha guía e una viaxe xeográfica para quen queira aprender a rodar, a ir en roda, da man dos bailadores e bailadoras que, polo mundo adiante, inventaron pasos cos que lles sorrir á vida.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 72
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 15/01/2013
Dimensións 240 x 210 mm mm.
Colección: Libros singulares e fora de colección
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-474-5
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Sampil, Pilar
Pilar Sampil Sánchez

Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago.
Toda a súa actividade profesional está ligada ao sector da edición (Editorial Galaxia), no que traballa desde o ano 1984.
Compaxina a xestión económica coa creatividade e a acción cultural.
A súa paixón son os álbumes ilustrados, a música e a danza tradicional, o que a ten levado a implicarse en diferentes iniciativas neste eido durante longos períodos de tempo.
Formou parte da directiva de GALIX (Asociación Galega do libro Infantil e Xuvenil) na súa primeira etapa de implantación en Galicia.
Tamén estivo na directiva da Asociación Galega de Editores, participou na posta en marcha da Asociación Culturgal e na organización da primeira feira Culturgal celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra.
É membro activo, entre outras, da Asociación Monteira Grupo de Danzas do Mundo, desde o ano 1996.

As súas obras

De roda en roda. Músicas e danzas do mundo
De roda en roda. Músicas e danzas do mundo
esgotado
Jurado, Javier
Foto Javier Jurado

Titulado superior en música, Licenciado en Historia e ciencias da música e Doutor pola Universidade da Coruña. É autor de numerosos libros e artigos relacionados coa pedagoxía musical e a musicoloxía. Tamén destaca como relator en cursos de formación do profesorado. Actualmente imparte «Historia da música» no Conservatorio Superior de Música de Vigo, así como no «Máster de Investigación en Artes Escénicas» da Universidade de Vigo e no seu programa de doutoramento.

As súas obras

De roda en roda. Músicas e danzas do mundo
De roda en roda. Músicas e danzas do mundo
esgotado
Cancelas, Suso
Foto autor

Profesor de Danzas do Mundo. Inicia a súa formación formando parte de diversos grupos de baile galego en 1981 e amplía os seus coñecementos sobre danza tradicional doutros países en diversos cursos e festivais europeos, como o de Lorient en Bretaña, nas Journées de la Danse no Conservatorio Occitano de Toulouse, na Willie Clancy Summer School en Irlanda e na Royal Scotish Country Dance Society Summer School en Escocia, nos cursos da Asociación Radalaila de Valladolid e outros moitos. Posgrao en Expresión Artística e Danza da Universidade de A Coruña (INEF). Ten impartido clases en cursos de formación de profesores e monitores de tempo libre, así como en cursos organizados por diversas asociacións culturais de España. Participou durante varios anos como monitor nos festivais Andanças en Portugal e Danzas sin Fronteras en España e da clases na Asociación Monteira Grupo de Danzas do Mundo de Vigo.

As súas obras

De roda en roda. Músicas e danzas do mundo
De roda en roda. Músicas e danzas do mundo
esgotado

COLECCIÓN

Libros singulares e fora de colección

120 anos de ciclismo galego
ciclismo
42.20€ CON IVE
A batalla de Rande. Mapas e gravados (1699-1715)
batalla de rande
41.60€ CON IVE
A bela Otero, pioneira do cine
a bela otero
24.15€ CON IVE
A berenguela
A berenguela
20.75€ CON IVE
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
22.00€ CON IVE
A música da terra
a musica da terra
descatalogado
A volta do xove Príncipe
A volta do Xove Príncipe
14.55€ CON IVE
Anthology of Galician Literature / Antoloxía da literatura galega. 1196-1981
alg
27.30€ CON IVE