beleza

26,75€

mercar

Da beleza

Zadie Smith

Premio Novela Europea Casino de Santiago 2007

Situada en ambas as beiras do Atlántico, nos EUA e en Inglaterra, a terceira novela de Zadie Smith (Londres, 1975) é unha brillante e divertida ollada á vida dunha familia, á parella, ao vencello entre vida persoal e política. Unha honesta e fonda pescuda na desilusión da xente e nas súas consecuencias para a sociedade.

Da beleza conta a historia dos Belsey, un profesor inglés casado cunha afroamericana, e os seus tres fillos. A historia dos seus ideais, da súa busca do amor e máis do seu compromiso con eles mesmos e cos demais.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 560
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2008-05-21
  • Colección : Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-061-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

zadie

Smith, Zadie
Zadie Smith (Londres, 1975) estudou Filoloxgía Inglesa en Cambridge e foi profesora en Harvard durante un ano. Con White Teeth gañou o premio Whitbread á Primeira Novela, o James Tait Black Memorial de Narrativa, e os premios para Primeiro Libro dos Escritores da Commonwealth e The Guardian. Con só 25 anos, asombrou a crítica e público internacional cun elaborado sentido do ritmo narrativo e un talento inaudito para dibuxar personaxes de tres dimensións.

A súa segunda novela, The Autograph Man, obtivo o Jewish Quarterly Wingate Literary Prize e foi finalista do premio Orange. En 2003, Zadie foi elexida Mellor Nova Novelista Británica pola prestixiosa revista Granta. A súa última novela, Da beleza, obtivo o premio Orange 2006 e foi finalista do premio Booker 2005, confírmaa como unha das voces máis destacadas da nova narrativa inglesa.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR