Cuestións vitais secretas

15,70€

mercar

Cuestións vitais secretas

Iván García Campos

Sobre os segredos xa está todo dito, o importante é descubrir o modo no que as aparencias aínda revelan o que permanece oculto.

Os relatos de Iván García Campos introdúcense no interior das vidas correntes para axudar a quen le a desvelar o inminente: aquilo que sempre está a piques de acontecer e parece que endexamais chegará a realizarse. Coa precisión dun ebanista, o autor ensambla emocións, xestos e desexos; pescuda nos feitos, observa o comportamento, narra os pormenores para debuxar o contorno do que nunca se conta, para asediar o destino que os segredos marcan. Velaí a razón de que as cousas que permanecen sen ver a luz exerzan tanta atracción, o motivo polo que acaban subxugando a quen as experimenta.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 180
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2015-05-14
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-607-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Cuestións vitais secretas2015-06-09 08:57:53

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Autor/a

Iván García Campos

García Campos, Iván
Iván García Campos (A Coruña, 1974) obtivo en 2008 o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo, instituído pola Fundación do Pedrón de Ouro, pola súa obra Unha casa chea de xanelas. A súa primeira no-vela, O imposible de desatar, recibiu o Premio Blanco Amor en 2010. Tamén é autor do libro de relatos Cuestións vitais secretas (2014).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR