Crónica viva do pensamento galego

Marcelino Agís Villaverde

Esta obra viu a luz co obxectivo de sensibilizar e levar

ao gran público unha visión sintética e esencial do que foi a vida e a obra de figuras senlleiras da nosa historia cultural e do presente.Guiado por un talento didáctico exemplar, escrito cun estilo sinxelo, diáfano e atraente, sen pretensión erudita ou sistemática, e penetrado de quentura, humor e subxectividade, é un libro ideal para iniciar e incitar ao coñecemento necesario dos nosos grandes pensadores.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 364
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 26/03/2020
  • Colección : Varios
  • Editorial : Fundación Isla Couto
  • ISBN : 978-84-09-19500-8
  • Edición :
  • Nº na colección :
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Autor/a

agis

Agís Villaverde, Marcelino
(Raxó - Pontevedra, 1963) é catedrático de Filosofía da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e titor da UNED de Pontevedra. Foi director do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social e vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente da USC. Realizou estudos de Posgrado en París e Chicago con Paul Ricoeur e foi profesor visitante en varias universidades estranxeiras. Presidente da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA), do Foro Galicia Milenio e da Sociedade Galega de Estudos Nipóns (SENI). Vicepresidente da Academia Xacoba, correspondnete da Academia das Ciencias de Lisboa (sección Letras) e fundador do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (SEL) (2010) e do SEL da Estrada (2012) En 2015 recibiu o Premio de ensaio "Manuel Murguía" da Deputación da Coruña e, en 2016, o de Investigación en Humanidades "Concepción Arenal", do Concello de Ferrrol e da Universidade da Coruña. Os seus libros e artigos científicos está traducidos a numerosas linguas.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR