cousas dos nenos

7,30€

mercar

Cousas dos nenos

Castelao

Castelao tiña un especial interese pola mirada dos nenos sobre a vida...

Ao longo da súa obra Castelao tivo sempre moi presente a ollada dos nenos e das nenas. Esa mirada sobre as cousas da vida que aos adultos se lles escapan e que os máis novos si que son que de advertir.

As cousas dos nenos e das nenas, tamén as cousas dos seus compañeiros de xogos, de alegráis e de penas, oa animais, todo esto está presente nas páxinas deste libro co que Castelao chega de novo aos lectoras máis novos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 96
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 21 x 13,5 cm.
  • Data Publicación : 2004-06-09
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-716-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Autor/a

Castelao

Castelao,
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos. En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR