Cousas da vida. Homes

12,20€

mercar

Cousas da vida. Homes

Castelao

Castelao trata os homes con respecto pero sen temor.

É certo que debuxa con certa compracencia os de máis abaixo e que se comporta de xeito inmisericorde cos de máis arriba. Non obstante, tampouco exclúe da súa sátira os primeiros. Despois de todo, non se desbota nin a si mesmo, como se pode observar no apartado final desde volume, onde figura, en diversas actividades, non sempre amables, o home que pintou os outros homes. De aí lle vén a lexitimidade que eleva o seu humor da simpre sátira á fonda reflexión moral.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 140
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 210 x 180
  • Data Publicación : 2015-11-23
  • Colección : Biblioteca Castelao
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-655-8
  • Edición : 2

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

a-tua-historiaA túa historiaKathryn StrobelVanesa Álvarez
a-revolucion-verticalA revolución verticalNgũgĩ wa Thiong’o
do-tempo-e-dos-astrosDo tempo e dos astrosAntonio Fraguas

Autor/a

Castelao

Castelao,
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos. En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR