morse

22,50€

mercar

Código morse

Xavier Alcalá

Nova edición, revisada polo autor, desta novela de aventuras e vida pacega que Xavier Alcalá publicara en 1996. O escritor mergulla os lectores nunha historia na que as mensaxes codificadas, os espellos e o trasmundo configuran un universo de misterio narrado con verosemellanza e capacidade para engaiolar.

Nesta novela, Xavier Alcalá adéntrase con habelencia e eficacia de gran narrador nun relato de vida de pazo e aventuras polo mundo, de guerra e posguerra, de mudanzas sociais ata chegar case ao presente. Cambios sociais que fixeron abalar aquel universo aparentemente tranquilo da vida de pazo. O seu protagonista, un físico que só cre no que se pode formular e medir, conta unha historia de misterios, informulables e inmedibles.

Xavier Alcalá descobre en Código morse a existencia dun segredo gardado por unha familia ao longo das xeracións, desde os tempos dun antepasado corsario. Un segredo cuxo coñecemento excita cobizas e mesmo leva ao crime. Un código e unha píntega mítica, que resiste ao lume, levan a mente cartesiana do narrador a resolver este enigma apaixonante.

Segundo o crítico Xosé Antonio Ponte Far, prologuista da primeira edición da obra, Código morse é "unha novela sólida, de longo alento e amplo percorrido, consistente na súa exposición e ben resolta, de doada lectura e contido interesante…".

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 340
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2010-04-28
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-258-1
  • Edición : 0

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

blues-para-moraimaBlues para MoraimaMiguel Anxo Fernández
o-monstro-de-illeO monstro de illeJorge Emilio Bóveda
grial-213Grial 213 VV.AA.

xavier

Alcalá, Xavier
(Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións amais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos coma A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996, reeditada en Galaxia no 2010) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. O seu último proxecto narrativo foi a publicación da triloxía "Evanxélica memoria", na que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR