Cocido sinfónico

20,00€

mercar

Cocido sinfónico

Os tres TENedORES

Receita para facer un cocido sinfónico ou sinfonicocido sen desafinar de máis.

Listo para degustar un Cocido Sinfónico? E iso que clase de comida é? O Cocido Sinfónico está preparado con sopa morniña en clave de sol polos Tres Tenedores, os únicos cociñeiros do mundo tan tolos como para ser quen de inventarse algo tan disparatado e divertido. Todas as cancións que atoparás aquí están preparadas a base de boa música, retrousos divertidos e cancións de primarísima calidade. Tómase sen culler nin prato. Atréveste a probar este "sinfonicocido"?

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 24
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 240 x 210
  • Data Publicación : 2014-10-16
  • Colección : Sonárbore
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-558-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Foto Os tres Tenedores

, Os tres TENedORES
Son un grupo de animación musical, que mestura música, teatro e humor, con fins didácticos, especialistas na mellor cociña musical para comensais de bo e primeiro dente, que son os rapaces e rapazas de entre catro e quince anos.
Levan dende o 2010 actuando por toda Galicia cunha bagaxe de máis de sesenta actuacións.
Contan con espectáculos innovadores de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías... ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, onde os rapaces e rapazas son tamén os protagonistas principais do espectáculo.
En definitiva, un grupo de docentes e musicólogos con ampla experiencia no eido das artes escénicas e musicais.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR