chile a la vista

25,20€

mercar

Chile a la vista

Eduardo Blanco Amor

Crónica viaxeira do paso de Blanco Amor polo país andino, coa que Galaxia inicia a recuperación para os lectores galegos de parte da súa obra escrita en castelán.

Unha serie de notas xornalísticas, recollidas durante dúas viaxes realizadas nos anos 1949 e 1950 a través de Chile, son o xérmolo deste libro, escrito por Eduardo Blanco Amor como parte do importante traballo literario e xornalístico que desenvolveu en Sudamérica. Escrito cunha prosa tensa e penetrante que vai do ton poético máis fondo ao humor máis irresistible. Páxinas antolóxicas, coa requintada percepción da realidade dun pobo, unha xeografía e unha cultura. Segundo palabras do propio Blanco Amor, "algunhas veces enredei máis tempo en ver unha vila –Iquique, por exemplo– do que un redactor de Life para todo un continente".

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 420
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm
  • Data Publicación : 2003-09-11
  • Colección : Biblioteca Blanco Amor
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-610-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

ela-sabe-a-solEla sabe a solNajla Shami
fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez

Eduardo Blanco Amor

Blanco Amor, Eduardo
(Ourense 1897-Vigo 1979). A produción literaria de Blanco Amor comezou coa publicación de Romances Galegos (1928). A principios dos anos trinta entra en contacto con Castelao e con outros membros do Partido Galeguista e do Grupo Nós. Escribe Poema en catro tempos (1931) e desde Bos Aires colabora coa revista Nós.

Foi ademais o fundador e director do Teatro Popular Galego (1957). Antes de abandonar definitivamente América, Blanco Amor publicou A Esmorga (1959), libro que será nun dos grandes fitos da renovación da narrativa galega, e xa en Galicia leva ao prelo Os biosbardos (1962). Tras publicar unha nova edición de A Esmorga (1970) e a longa novela Xente ao lonxe (1972), centrou a súa produción no teatro (Farsas para títeres e Teatro pra a xente).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR