Sale!

Cen sementes que voaron

Isabel Minhós Martins

Unha árbore está á espera, esperanzada. Que espera? O día ideal para lanzar as sementes. Que agarda? Que todo corra ben. A pesar de longa, a espera é boa, tan saborosa que por nada deste mundo a árbore a trocaría... Será que todo vai ocorrer ben?

Un libro que celebra a resistencia das sementes e a intelixencia das árbores e da natureza.

Para lectoras e lectores de todas as idades.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 24
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 195 x 220
  • Data Publicación : 10-01-2020
  • Colección : VARIOS
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-414-5
  • Edición : 1ª ed. 1ª impr.
  • Nº na colección :
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

Autor/a

isabel-minhos-martins

Minhós Martins, Isabel
Naceu en Lisboa, en 1974, o ano da revolución do 25 de Abril. Cando era pequena quería ser xornalista, arqueóloga ou pediatra. Non foi ningunha das tres, mais gústalle moito o que fai. "Para min, escribir é como escavar: encontramos sempre algunha cousa, ás veces miñocas, ás veces auga, pedras, raíces, túneles... un zapato perdido. Gústame escribir porque case sempre encontro cousas inesperadas. Gústame ler pola mesma razón: alguén escavou, escavou, escavou e encontrou algunha cousa que veu a amosar a través das palabras." Estudou na Facultade de Belas Artes de Lisboa, traballou como creativa na área da comunicación para nenas e nenos e, máis tarde, cun grupo de amigos, fundou a editora Planeta Tangerina.
 Algúns dos libros que escribiu foron distinguidos por premios ou institucións ligados ao libro para a infancia: Catálogo White Ravens, Premio Andersen, Banco del Libro, Sociedade Portuguesa de Autores (2015), Gustav- Heinemann Friedenspreis (2017), Deutscher Jugendliteraturpreis (2017). Algúns dos seus libros están tamén publicados noutros países (Francia, Brasil, Corea, Inglaterra, Italia...). En 2018 foi unha das finalistas do premio norteamericano de literatura para nenos NSK Neustadt Prize 2019. En 2019 foi escollida como demandante pola DGLAB para o Premio Latino-americano SM de Literatura infantil e xuvenil.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR