Estás aquí:

Código: 2637

Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos

22,95  IVE INCLUIDO
Recolle as cartas que cruzaron Castelao e os galeguistas do interior entre os anos 1943 e 1947, e inclúe resolucións e informes internos do Partido Galeguista e as actas constitutivas do Consello de Galiza e do Pacto de Galeuzca.
A documentación reunida neste volume, sobre a que se ten especulado moito, non poucas veces sen a penas fundamento, é inédita case na súa totalidade e ilumina un período aínda pouco coñecido da historia do Partido Galeguista e do seu papel na oposición á dictadura de Franco, así como da actividade e as posicións políticas de Castelao no exilio.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 412
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 136 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-422-6
Observacións:

AUTORES/AS

Castro, Xavier
Xavier-Castro-420x220

Xavier Castro P. é catedrático de E. U. de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu docencia na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París. Comisario de exposicións, tradutor e conferenciante, foi subdirector da revista Grial e asesor histórico de series da TVG: As leis de Celavella, A casa de 1906 e Lobos e cordeiros. É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica. Salienta a publicación da súa tese de doutoramento O galeguismo na encrucillada republicana (Deputación de Ourense, 1985, mención de honra do Premio Otero Pedrayo, 1983) e do libro Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos 1943-1954 (Galaxia, 2000). Considerado un relevante especialista en historia social, da alimentación, a gastronomía e o viño en Galicia, polas súas publicacións: A lume manso; Ayunos y yantares (Premio Nacional de Gastronomía); A la sombra ejemplar de los parrales; A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia; A mesa e manteis (Premio Gourmand World Awards) e Yantares gallegos. Historia de la dieta atlántica. Tamén recibiu o premio Picadillo do Fó-rum Gastronómico (2015).

As súas obras

A lume manso. Estudios sobre historia social da alimentación
lume manso
20.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE