foto

19,50€

mercar

Castelao. Defensa e ilustración do idioma galego

Henrique Monteagudo

A reflexión sobre o idioma galego, desde diferentes ángulos, constitúe un espazo ben singularizado e mesmo central nos escritos ensaísticos e literarios de Castelao, quen foi moi consciente da importancia que a problemática lingüística tiña para calquera programa de revitalización política e cultural de Galicia.

Nos sete traballos que integran este libro, Henrique Monteagudo presenta unha visión global, ao tempo que matizada, do pensamento e da práctica lingüística de Castelao e da súa evolución a través do tempo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 280
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2000-11-01
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-390-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

os-ollos-do-tangaleironOs ollos do TangaleirónXosé Antonio Neira Cruz
pantallasPantallasCelia Parra
iridiumIRIDIUMFrancisco Castro

henrique

Monteagudo, Henrique
(Muros, 1959). Doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Dende o ano 2010 é membro numerario da Real Academia Galega. Membro do Instituto da Lingua Galega, actualmente é codirector da revista Grial e secretario do Consello da Cultura Galega. O seu traballo desenvólvese principalmente nos eidos da filoloxía medieval, a edición de textos literarios (Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Castelao) e os estudos sociolinguísticos e de historia do idioma galego. É autor da Historia social da lingua galega e coautor dunha Gramática galega e dun Diccionario normativo galego-castelán.
É secretario da RAG dende Abril de 2013


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR