carta

19,95€

mercar

Cartas marcadas

Xavier Queipo

O novo libro de Xavier Queipo establece un xogo dobre co lector, xa que se trata duns textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, que se publican despois nun libro. Texto electrónico e texto impreso para dous tipos de lectura e momentos diferentes.

As Cartas marcadas, de Xavier Queipo non teñen nada que ver coa idea de "xogar con avantaxe" senón co concepto de "marca" referido ao tipo de tema do que se trata, que está ben definido: a escritura e a lectura. Os libros e o seu universo. A experiencia da literatura como escritor e lector, comezando por un texto sobre a lectura titulado simplemente "Ler", pasando seguidamente á teoría cinética dos gases en "A ficción, fábrica de realidades" para seguir cos temas máis diversos, coma os libros que levar cando se viaxa, a autoironía do autor en "A cita, ese síntoma", reflexións sobre a literatura nos cadernos de bitácora, as semellanzas entre certos conceptos de astronomía e a literatura na blogosfera, os escritores galegos biólogos ou a arte de editar. Así ata vintecatro textos.

Unha frase escoitada ou unha cita subliñada serven de punto de partida para unha argumentación posterior. A lembranza dunha paisaxe, unha prospección nocturna nos labirintos da memoria, unha foto atopada entre as páxinas dun libro ou simplemente unha idea que agroma van compoñendo devagar un libro diferente, apaixonado e sincero.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 192
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 125 x 220 mm
  • Data Publicación : 2010-04-05
  • Colección : Illa Nova
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-269-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

Os kowaOs kowa18,75€
articoÁrtico 2.018,60€
saladinaSaladina9,85€

Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Autor/a

xavier-queipo

Queipo, Xavier
(Compostela, 1957) escribe e publica regularmente en galego desde 1990. É autor, entre outros libros, de Ártico e outros mares (relatos, 1990); Ringside (relatos, 1993), O paso do Noroeste (Premio García Barros de Novela, 1996); Malaria sentimental (novela, 1999); Papaventos (novela, 2001); O ladrón de esperma (relatos, 2001); Os ciclos do bambú (relatos, 2003); Glosarios (poesía, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil, 2005); Dragona (novela, 2007); Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007); Saladina (novela, 2007); Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009); A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009); Cartas marcadas (ensaio, 2010); Ártico 2.0 (relatos, 2011), Extramunde (Premio Xerais de Novela 2011), Os kowa (Premio Blanco Amor 2015) e, xunto con Ramón Neto, do poemario Minutos para medianoite (2019). Membro do Dichterscollectif van Brussel desde 2007. Premio da Crítica española en 1991 e Premio Xosé Mª Álvarez Blázquez ao Autor do ano 2011. Participou en numerosos libros coletivos e antoloxías, traduciu do francés a Amin Maalouf e Hervé Guivert e, do inglés, a Joseph Conrad e James Joyce.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR