Estás aquí:

Código: 1100

Cantigas de Santa María

15,10  IVE INCLUIDO
Edición facísmil. 800 anos Afonso X
As Cantigas de Santa María, que o rei Alfonxo X escribiu en galego, son, en xeneral, relatos de miragres. O estilo destes relatos poéticos é un estilo sinxelo e inxenuo; pero de tal coorido e forza narrativa que dan a impresión de seren contadas por un fiel testigo ocular. Com motivo de se lle adicar no ano 1980 ao Rei Sabio o "Día das Letras Galegas", Galaxia publica o presente volume, no que se recolle unha pequena escolma do Cancionerio marial do rei-poeta. Fixo a escolma Álvaro Cunqueiro e a carón do texto orixinal de cada cantiga, puxo a correspondente versión ao galego moderno. No seu labor antolóxico, Cunqueiro procuróu recoller algunha cantigas que tiveran especial interés pra nós. Así, a de Santa María de Lugo, a dun romeiro de Santiago, e a da donosiña ou donicela do rei, que dí o propio Alfonso que "así a chaman os galegos". Os vintetrés poemas escollidos constitúen unha mostra reveladora da obra louzá e suxeridora que Alfonso X realizóu na nosa fala.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 116
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 155 x 225 mm.
Colección: Varios
Nº na colección: 146
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-641-5
Observacións:

AUTORES/AS

Afonso X
alfonso x

Rei de Castela e de León entre 1254 e 1284, Afonso X foi tamén lexislador, historiador, científico e poeta. Durante o seu reinado, a lírica medieval en lingua galega coñeceu o seu máximo esplendor. Na súa corte fíxose rodear dun grupo de xograres e trobadores. Desenvolveu unha importante actividade lírica, da que son froito máis de corenta poesías profanas e as Cantigas de Santa María, 427 composicións relixiosas que exaltan a figura da Virxe e os seus miragres.

As súas obras

Cantigas de Santa María
9788491516415
15.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Varios

A historia de Sara
9788491519768
20.90€ CON IVE
ALBA DE GLORIA
alba-de-gloria
12.50€ CON IVE
Algúns contos completos
9788491516514
21.15€ CON IVE
Arrieiros somos
9788491519485
19.70€ CON IVE
Bambi. Unha vida na fraga
9788491518266
25.45€ CON IVE
Cando choraron as cíes
9788491519430-1
20.75€ CON IVE
Cantigas de Santa María
9788491516415
15.10€ CON IVE
Cen sementes que voaron
cen-sementes-que-voaron
16.50€ CON IVE