cantares

11,20€

mercar

Cantares gallegos

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro é autora dunha das obras fundamentais da literatura galega de todos os tempos. O seu libro Cantares gallegos é considerado como a primeira grande obra da literatura galega moderna.

A importancia literaria mais tamén simbólica deste poemario bótase de ver no feito de que a data da súa publicación, o 17 de maio, fose instaurada pola Real Academia Galega como Día das Letras Galegas.

A obra da poeta inclúe outro dos poemarios máis sobranceiros da literatura galega, Follas novas (1880), e En las orillas del Sar, escrito en castelán, lingua na que tamén escribiu novelas coma La hija del mar (1859) e El caballero de las botas azules (1867).

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 252
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 19 cm
  • Data Publicación : 2008-11-12
  • Colección : Letras Galegas Clásicos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-107-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas

Día de Rosalía de Castro2009-02-24 09:00:00

Novidades

ela-sabe-a-solEla sabe a solNajla Shami
fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez

rodalia de castro

Castro, Rosalía de
Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885) é a escritora máis importante do Rexurdimento galego, así como a máis popular das autoras do país. A súa figura aparece na actualidade unida de forma indisoluble a Galicia. É autora en galego dos poemarios Cantares gallegos e Follas novas, cos que a lingua galega volveu acadar cotas de alta calidade literaria logo de varios séculos de escuridade. Ademais publicou en castelán obras en verso e en prosa.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR